kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

s.e.s. – boto en falta unha ilusión كلمات اغاني

Loading...

boto en falta unha ilusión
que me reconvirta en min
que, sen querer, me perdín
pensando que me salvaba
boto en falta a quen amaba
e aquel tempo que soñei
estando esperta e pensei
que de ti me alimentaba

boto en falta a túa voz
a túa cara e a alegría
as horas devaluadas
e até a túa covardía
e non son quen de lembrar
as navallas e as mentiras
e non se asenta o rancor
e de min non te retiras

hoxe xa non hai dor
non hai sangue brotando
mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando

hoxe xa non hai dor
xa non choro berrando
mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando

a tristura xa marchou
colonízame a desgana
eu que tiña fe pagana
en ser fénix e voar
e coa forza do espertar
abrazar o vitalismo
espertei no mesmo abismo
máis valera non soñar

se por volverte bicar
suc-mbise aos meus instintos
se de todos os delitos
cometese o de voltar
a fatiga e o penar
sufriría resignada
porque vivo condenada
a non poderte olvidar

e hoxe xa non hai dor
xa non choro berrando
mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando

hoxe xa non hai dor
non hai sangue brotando
mais hai medo de sentir
e de non voltar sorrir
e de seguirte esperando

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...