kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

hugo guezeta – claridade كلمات اغاني

Loading...

[letra de “claridade”]

[retrouso]
vexo todo con claridade, moita claridade
para que me veñan a dicir
que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
compoñendo para resistir
perdido pola cidade, calquera cidade
sen mirar atrás para f_xir
diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
sen tranquilidade para sentir, waio

[estrofa 1]
quero que sintas cada verso que che traio
que sorrías nena, xa non quero laios
que luites non só primeiro de maio
que mе escuites e mе apoies cando fallo
non máis sair dun curro até o carallo
meta única facer da miña música un traballo
non son un coach deses estafadores
con descursos de merda que disfrazan de motivadores
que che din “se queres podes” pero ás veces non se pode
no mundo mandan euros, non valores
non quero favores, si que a calma me devore
saberei quen fun no meu enterro según quen me chore
[ponte 1]
hoxe quero esquecelas dores
non aparentar para gañar seguidores
pouca boa música moito decore
poucos artistas demasiados actores
estou lonxe deses factores
do capitalismo somos desertores
sempre fumos dos perderdores
pero hoxe non, hoxe…

[retrouso]
vexo todo con claridade, moita claridade
para que me veñan a dicir
que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
compoñendo para resistir
perdido pola cidade, calquera cidade
sen mirar atrás para f_xir
diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
sen tranquilidade para sentir, waio

[estrofa 2]
a peña dime que non pare co show
que non cale porque mola que reghale do flow
aghradezo cada apoio pero seiche que non
non estaban dentro miña cando todo fallou
pero pasou, e deixei escuridade detrás
de cada sílaba que fixen e clavei no compás
por colombia, palestina, hoxe non calarás
puxeron portas no ceo foi porque abrímo_las ás
estou arriba, pasando por cima dos avións
voltando ser o mesmo de antes sen perde_la paixón
a ansiedade que sentía xa quedou nun caixón
fixen un tema por día cando tiven un baixón
e agora, volto de novo pero non sinto presión
teño unha nova visión, f_xo d’aquilo que fixo sentir en prisón
instrumental en repetición, paz mental á miña misión
cancións que curan deprecións
[ponte 2]
estou tratando de recuperarme diso
dende que pechei a porta daquel piso
ás veces precisamos un inciso
non topei saída foi por iso que improviso
liberándome do medo porque xa era hora
de non gardalo de sacalo todo fóra
onte deprimido, non atopaba mellora
pero hoxe non hoxe…

[retrouso]
vexo todo con claridade, moita claridade
para que me veñan a dicir
que xa non estou na idade de cuestionar a autoridade
compoñendo para resistir
perdido pola cidade, calquera cidade
sen mirar atrás para f_xir
diso que xera ansiedade, do mal desta sociedade
sen tranquilidade para sentir

[outro]
claridá’ claridá’ claridade
clari’ claridá’ claridá claridade
claridá’ claridá’ claridade
claridá’ claridá’ claridá’ claridade
claridá’ claridá’ claridade
clari’ claridá’ claridá’ claridade
claridá’ claridá’ claridade
claridá’ claridá’ claridá’ claridade!

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...