kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

guadi galego – zocos كلمات اغاني

Loading...

[letra de “zocos” ft. guadi galego]

[verso 1]
tomei o camiño máis longo
máis longo pra chegar a ti
díxenche “pónteme esperto
que non podo ver a súa fin”
topeime nun buraco estreito
vin que non podía saír
pasaron os meses de inverno
seguía sen ver a súa fin

[retrouso]
un ruído pousouse na cama
tremín polo soño que estaba a durmir
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
ás costas, tornouse una chaira
o campo das flores que veñen de abril
os pasos que din esa noite
mudaron a historia que estaba a escribir

[verso 2]
esperto da noite máis longa
o soño que me fai sorir
as flores no campo da estrela
parece que cheira a xasmín
as miñas mans polo chan
a chaira inmensa sen fin
os zocos locen na entrada
e ti xa non eres pra min
[retrouso]
un ruído pousouse na cama
tremín polo soño que estaba a durmir
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
ás costas, tornouse una chaira
o campo das flores que veñen de abril
os pasos que din esa noite
mudaron a historia que estaba a escribir

[interludio]
non quixera morrer sen conducir un coche no deserto, saltar á corda na brisa dun luns saíndo dun after con toda a resaca que s_xa posible, pedir un cigarro á señoras da praza que venden repolos en cestas de vime, quitar os zapatos e correr rúa abaixo berrando “estou asimétrica”, que non tomo menciñas nin coca_cola light, que te preciso coma nunca ou “sei que te quero como os personaxes que morren nos filmes; xusto despois de descubrir o amor, nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez”

[outro]
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
nesa caída de pálpebras na que todo semella inxusto e fermoso á vez

de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min
de súpeto como da nada
os zocos de ferro correron por min

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...