kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

ezetaerre – polvora e tormenta كلمات اغاني

Loading...

liberal no económico, moi facha no social
patriota de pulseira, de gomina e de mundial
o partido que che mola é o partido xudicial
porque todo o diferente para ti é ilegal, ha!
todo iso é pura hipocresía
como dicir que nos dá seguridade a policía
como dicir que nos dá moito prestixio a monarquía
como buscar a paz nalgunha sacristía
don’t stop, don’t stop, don’t stop the beat
dende a costa noroeste formando este dream team
“pero vamos a ver, ¿qué pone en tu dni?”
o único carné que gardo é o do clube xabarín
tás a rir, si, pero temos un dilema:
a xustiza neste estado nunca pagou a pena
fóra bromas, ei, que me apliquen a condena
pedimos asilo belga cando saia este tema

desa auga choca non bebo
somnífero elixir do demo
vendes a ialma facendo cash, es trash
eu trafico rimas, crisantemos
e xa non hai retorno
só o contorno de miles que axexan
tá estourando ese forno
a estrutura treme e o futuro latexa

temos vivas na memoria
as derrotas e as vitorias
cando a clase está famenta
xa non queda opción, voltan pólvora e tormenta
temos dignidade, orgullo
de saber quen move o mundo
cando a clase está famenta
xa non queda opción, voltan pólvora e tormenta

facemos nova canción para crear primaveras
non somos influencers, somos almas subversivas
con viglietti e benedetti animándome no canto
vai pola revolución, non por pasar o rato
que esta letra sae dun zulo, non dun airbnb
por iso teño dignidade e son clase como as kellys
xa basta de pelis, de letras confeti
deseño polas noites os planos do novo kremlin
easy, man, e ocupa o teu espazo
destroza un sportium e aposta polo barrio
por pablo casado, morrendo afogado
e rivera chorando, tentando salvalo
nós valemos máis que a bala que nos mata
chegamos aquí levando solas de alpargata
coas pibas aborteras e os riders na vangarda
rendirse xamais, sobra esperanza

police, police, protéxeme
do sono do inmigrante
financiamento, apértame
afoga o importante
e xa non hai retorno
só o contorno de miles que axexan
tá estourando ese forno
a estrutura treme e o futuro latexa

estribillo

que mágoa ese activismo que se perde en internet
condenado ao esquecemento como un produto de ot
somos pólvora que prende cando non ten que perder
quen da fame que sufriu ten instinto de morder
fight must go on, bro, que a nós non nos engana
ningún torturador como o señor grande-marlaska
nin ídolos de lama que semellan porcelana
decepción como o coleta nun vídeo de c. tangana
isto non para, isto é lume subterráneo
deixando alma e lombo pra defender o barrio
non serven talonarios nin todo o voso ouro
dende monte alto co espírito de compton
morra xa este conto, que chegue outro dust bowl
que soterre os nosos medos baixo as nosas ilusións
cando só queden escombros do que antes fora dor
seguiremos sendo nenos, debuxando soños no po

tan parvas non somos, señor xuíz
en que me violen non hai ningún matiz
se con lírica contraataco é o que me queda
caga a sentencia, abres a veda
e xa non hai retorno
só o contorno de miles que axexan
tá estourando ese forno
a estrutura treme e o futuro latexa

estribillo

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...