kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

ezetaerre – non é veran de estrella damm كلمات اغاني

Loading...

despois de tanto frío xa tardaba este verán
e invaden a terriña eses turistas alemáns
mollando a sardiña nun cacho de pan
que aquí non se pide paella, paspán
non son illas caimán este grande paraíso
aínda que o queiran converter noutro luxo para ricos
cemento e pelotazo, tópicos tan típicos
galiza tropical éche sitio distinto
noite, lúa, estrelas sobre a area
berrarlle a ese pavo que está a roncar na sesta
perreo salvaxe co son das orquestras
nin piche no mar, nin lume na foresta
protesta! que xa chega o trebón
que non te pille vendo a televisión
dá noxo o seu xogo de especulación
outro desaloxo, outra okupación

pintarmos nas nubes lembranzas e soños
volta á rutina, non quero máis choros
coidarnos, vivirmos sen pensar no como
se temos apertas que agarde este outono
balcóns e turistas moi ben non casan
non sei se é un paxaro ou é un avión
pr-nuncias sangenjo con aires da castellana?
vas ir directiño a un gulag en benidorm

non é verán de estrella damm
é o verán da working cl-ss
collimos forzas todo o ano
para expropiarlles o verán

nós non imos a cancún que a pasta non sobra
toca traballar, nin cruceiros, nin tumbonas
queremos que a solana s-xa pública pra todas
e se isto non se arranxa… bomba!
queda ti no iate, eu na praia ao atardecer
nadando en san amaro cun frío que corta a pel
outro festival no que se pon a chover
e o cabrón do antonio que non pensa aparecer
non sei se son camareiro ou escravo
tres meses de explotación e din que baixa o paro
hoy no hay contrato
soño dunha noite dun curro precario
un partido cos colegas á luz do serán
e co son dunha canastra cunha rede de metal
expropiaremos cada casa en primeira liña de mar
fódete, maluma, este é o tema do verán

pintarmos nas nubes lembranzas e soños
volta á rutina, non quero máis choros
coidarnos, vivirmos sen pensar no como
se temos apertas que agarde este outono
loitar nesta vida pasando do drama
f-xindo de guiris queimados ao sol
que é iso que toma o calvo da panorama?
¡no! ¡azúcar no!

retrouso

espertamos da resaca cun tema de georgie dann
aires de caribe mix entre as ketchup e chayanne
unha sesta co tour pegado ao ventilador
que esta noite imos de esmorga como ingleses en salou
yo sí quiero montarme en tu velero
poñer rumbo a lampedusa e asaltar un patrulleiro
pra vivir mediterraneamente
o mar é o cemiterio dunha europa indiferente
vente a construír outro verán
as festas libres de acoso xa non poden agardar
non máis xentrificación, nin turismo colonial
non máis curro veraniego, inestable e temporal
e jordi cruz a currar nun chiringuito
a tres euros á hora e sen dereito a finiquito
primo, cadaquén na súa función
tourist go home and refugees welcome

pintarmos nas nubes lembranzas e soños
volta á rutina, non quero máis choros
coidarnos, vivirmos sen pensar no como
se temos apertas que agarde este outono
picantes coma os pementos de padrón
contemos historias pra rir a cachón
manel navarro, o teu tema é un mojón
2018, ezetaerre a eurovisión

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...