tenue (esp) - territorios كلمات الأغنية
[letra de “territorios”]
[parte 1: t e r r i t o r i o s]
agora que sabemos
que todos os camiños que construímos
foron erixidos sobre cadáveres
agora que entendemos
que erguemos a cada tirano que nos someteu
baixo o fascio e a espada
agora que aceptamos
que fomos nós xs que alzamos os muros
que comprimiron os nosos tórax
sepultando os nosos corazóns
decidimos encomendar a nosa existencia á súa destrución
ata que, dentro de nós, cada deserto se converta en oasis
cada ferida en fervenza e cada bágoa en torrente
pero as palabras so debuxan arquitecturas efémeras
abstraccións que se dispoñen no inconsciente
que defender, por que loitar?
incapaces de articular narrativas emanc_p_doras
adictxs ao son que fan as nosas cadeas ao camiñar
apenas se ven luces entre a néboa
apenas algúns berros ao lonxe
como topar liñas de fuga nun discurso circular?
a memoria muscular da dominación
a ideoloxía como abstracción delimitadora
precisamos novos marcos teóricos
territorios que repoboar, zonas a defender
realidades que nos permitan coidarnos
e protexernos da miseria perceptible
da reprodución incansable
da violencia da posmodernidade
da violencia da posmodernidade
lugares onde arrolar a nosa fraxilidade pra facernos fortes
descender ao máis profundo, escavar ata que sangren as mans
ata que as gretas broten nas paredes do noso peito
e facer palpable o intanxible
e tal vez así, atopemos, por fin
bosques que nos envolvan e mares que nos bañen
e articulemos unha defensa feroz do noso interior
unha política de guerra contra o baleiro
unha firme convicción de colmarnos de alegrías
armar os nosos afectos con fereza
formar barricadas nos brazos de quen nos ama
[parte 2: resistir]
derramar velenos na vida líquida
no discreto puñal do tempo, da escravitude asalariada
das proxeccións asimétricas do ego
e conquistar as nosas soidades, os nosos silencios
os nosos fracasos
abrazar os territorios da nosa vulnerabilidade e enchelos de flores
e enchelos de froitos
resoará o vento, retumbarán nos nosos ouvidos ecos de voces esquecidas no tempo
e dende o fondo do noso abismo
reescribiremos a topografía do mundo
con liñas que aínda non foron formuladas
coas palabras que se nos atragoaron
os amores bos e o imperfectible da nosa humanidade
[parte 3: e desfacer todo pra refacer todo]
deixar que caian os monumentos que construímos
pra conmemorar todo o dano que causamos
toda a dor que infliximos, as feridas que fixemos
que a chuvia limpe o sangue e o musgo devore a pedra
e así aprendamos a habitarnos e habitar este mundo
pra deter os precipicios que se achegan
e frear os que xa existen, destruír os que xa existen
porque unha pulsión devastadora
unha paixón que nos desborda
empúrranos a vivir
porque todas as vidas que fomos
todas as vidas que levamos dentro
apertan cunha vontade desesperada
que non nos permite agardar mil anos máis
a que todo cambie, a que todo estoupe
e se desvaneza esta necesidade insoportable
de controlalo todo, de erixir fronteiras
e conformar estados dentro e fóra de nós
por iso, escribiremos de novo a historia
nas linguas que elxs prohibiron
e fixeron desaparecer
e retomaremos a felicidade
como único valor para medir
a dignidade da nosa existencia
كلمات أغنية عشوائية
- joaquin blasco pagan - aliado del tiempo كلمات الأغنية
- sea power - zítra bude krásný den كلمات الأغنية
- cardigan club - so alive كلمات الأغنية
- 新乐府 (china music house) - 蓝狮阿明 كلمات الأغنية
- kartier3x - b4imon كلمات الأغنية
- dirty eazzzt - blackout كلمات الأغنية
- empires.collapse - stand by me كلمات الأغنية
- maq23 - pidu deemonitega كلمات الأغنية
- david deyl - akorát كلمات الأغنية
- hartmann - simple man كلمات الأغنية