kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

sondarúa - pontakas antifa كلمات الأغنية

Loading...

(estrofa 1: hugo guezeta)

sondarúa con skandalo, nun pobo de caciques fumos vándalos
agora xa non tanto, tento que o tempo pase mentras canto
lento, queren roubar coma un banco, calar este sentimento
fracasaron no intento, fíxemolo tema contra o espíritu de franco
dentro, desa fodida picola ¿quen carallo nos controla?
non teño fusil nin pistola, nin foto perfil coa bandeira española
pero seguiremos berrándolles a quenes ataquen a fala
música sempre rebelde da terra quе xa non se cala!

(retrouso)
levando a voz dun pobo por toda galiza
erguеndo o puño sempre pontakas antifa
cando cantamos a xente xa mobiliza
erguendo o puño sempre rebeldes antifas!!

(estrofa 2: alex arnoso)
somos dun pobo onde a néboa é sempre densa, moito borrego e tamén xente que pensa
sacamos tema algunha xente ponse tensa, somos referentes sen publi na prensa
agora sen caciques, non me irrites, na nosa festa non quedan convites
podes ver a moito fan de riverita máis ciego que rita dándolle forte ao palique
queres criticar? pilla ticket, fachas en pontakas que non fiquen
este é o tema que fará que felipe colla as maletas e abdique

(ponte: fulano skandalo gz)
música rebelde e combativa, ritmos diferentes pero voces contudentes
somos unha alternativa de toda esa xente que non puido berrar libremente
(retrouso)
levando a voz dun pobo por toda galiza
erguendo o puño sempre pontakas antifa
cando cantamos a xente xa mobiliza
erguendo o puño sempre rebeldes antifas!!

(estrofa 3: fulano skandalo gz)
farto de tantos caciques que sempre xogaron a ser falsos demócratas
mercaban votos con asfalto
hugo guezeta:
xeracións estafadas por esas promesas que nunca cumpriron falsos hipócritas
venerados no seu palco
alex arnoso:
sigo firme, sen sairme, deixando legado antes de irme
e que se calen, imos por todas non hai quen nos pare
carguen, apunten, disparen!!

(retrouso)
levando a voz dun pobo por toda galiza
erguendo o puño sempre pontakas antifa
cando cantamos a xente xa mobiliza
erguendo o puño sempre pontakas antifa!!

(cántico final)
sempre sempre, sempre rebeldes antifas
sempre sempre loitando pola galiza
sempre sempre, sempre rebeldes antifas
sempre sempre loitando pola galiza!!

كلمات أغنية عشوائية

كلمات الأغاني الشهيرة

Loading...