
miro casabella - o meu país كلمات أغنية
o meu país,é verde e neboento
é saudoso e antergo,é unha xente e un chan
o meu pais,labrego e mariñeiro
é un recuncho sin tempo,que durme nugallán
que quece na lareira,aló na carballeira
bota a rir
e unha folla no vento,alento e desalento
o meu país
o meu país,tecendo a sua historia
muiñeira e corredoira,acocha a sua verdá
o meu país saúda o mar aberto
escoita o barlovento,e ponse a camiñar
cara a metas sin nome van ringleiras de homes
e sin fin
tristes eidos de algures,vieiros pra ningures
o meu país
o meu pais nas noites de invernía
dibuxa a sua agonía,nun vello e nun rapaz
o meu país de lenda e maruxías
agarda novos dias,marchando de vagar
polas corgas e herdanzas
nasce e morre unha espranza,no porvir
e unha folla no vento,alento e desalento
o meu país.
كلمات أغنية عشوائية
- amanda rose riley - broken heart كلمات أغنية
- vous worship - song for the city كلمات أغنية
- xyrn - necromancer كلمات أغنية
- rival - be gone (urbandawn remix) كلمات أغنية
- k'naan - strugglin' (live) كلمات أغنية
- rxwtune - dirty dance كلمات أغنية
- dogma (pt) - pedigree كلمات أغنية
- throttlerod - steal the end كلمات أغنية
- qaralimb - qaragym-ai كلمات أغنية
- vega3x - čekaj shta? كلمات أغنية