maestro reverendo - carmiña vacaloura كلمات الأغنية
[letra de “carmiña vacaloura” ft. maestro reverendo e a sua orquesta antabús]
[verso 1]
este é o conto de carmiña vacaloura
a vacaloura máis xentil do lugar
carmiña vivía nun vello carballo
e lévabase ben con todo o mundo en xeral
pero ó pé do carballo nun burato
pepiño grilo daba a lata todo o ano
e carmiña vacaloura non o podía aturar
“grilo do demo que só ve_la palla no ollo alleo, para xa de falar:
non ves que ninguén atende os teus consellos
por mor da túa catadura moral”
así falaba carmiña cabreada
abrindo as fauces e poñendo mala cara
“ti que saberás o que está ben ou está mal?!”
[retrouso]
carmiña vacaloura fai ben
o grilo a ela tanto lle ten
do que non se pode falar
o mellor é sempre calar
[instrumental]
[verso 2]
“non f_gas isto
non f_ga_lo otro
a metamorfosе a levas moi mal”
pepiño grilo tiña frase para todo
pouco cri_crí е moito bla bla bla
se chego tarde
porque chego tarde
se chego cedo
porque chego cedo
f_ga o que f_ga sempre chega o sermón!
onde se viu un grilo con chistera?
acaso é o grilo do santo grial?
onde se viu un insecto insecticida?
non ten amigos nin nunca os terá
e os demais insectos que xa estaban fartos
reuníronse perto do carballo
e foron a carmiña a pedirlle solución
[retrouso]
“carmiña, ti que es grande e xentil
bota a pepiño de aquí
o que non se pode aturar
o mellor é facelo calar”
[verso 3]
“a paciencia e a consciencia
son asuntiños de mal casar
son cousas de moito pelexar
non son vaca nin son loura
pero o grilo vaime escoitar
as miñas fauces vanlle asustar”
e pepiño emigrou dende o carballo ata o nepal!
[retrouso]
“gracias vacaloura xentil
polo que fixeches por nós
o que non se pode aturar
o mellor é facelo calar”
[outro]
do que non se pode falar
o mellor é sempre calar
do que non se pode falar
o mellor é sempre calar
do que non se pode falar (pepiño grilo)
o mellor é sempre calar (a calar!)
do que non se pode falar (non se pode falar!)
o mellor é sempre calar (o mellor é sempre calar!)
do que non se pode falar
o mellor é sempre calar (y yo me voy)
do que non se pode falar (¡al escorial!)
o mellor é sempre calar
do que non se pode falar
o mellor é sempre… calar!
كلمات أغنية عشوائية
- video age - that can’t be كلمات الأغنية
- aktlast - deathtrap كلمات الأغنية
- es23 - in the end كلمات الأغنية
- totenheer - verbannung كلمات الأغنية
- michael feinstein - time medley, some other time كلمات الأغنية
- akay the pharaoh - nebula trip كلمات الأغنية
- ruben slikk - pressure كلمات الأغنية
- ayesha erotica - i just wanna love you forever كلمات الأغنية
- fox amoore - resurgence كلمات الأغنية
- aminé - pressure in my palms كلمات الأغنية