kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

dios ke te crew - haters كلمات الأغنية

Loading...

retrouso:
coa idade cada vez máis hater
non aturas o buenismo da xente
coa idade cada vez máis odiador
xa non vos soporto e ódiovos con rigor

coa idade cada vez máis hater
non aturas o buenismo da xente
coa idade cada vez máis odiador
xa non vos soporto e ódiovos con rigor
sokram:
odio, teño o monopolio do odio
non xogues comigo porque estou no podio do hate
o teu ao lado do meu é como un template
asi que coidado co rei do:

zasca!, zasca!, arcada, arcada
cada vez que vos vexo falando de nada
rifando por todo, dando puta pena
e sen ter puta idea do tema, pero…

dándovolas de eminencia
il_strеs, mestres, en ignorancia
paulo_coеlhistas esvaran na pista
sen paracaídas para a hostia que era máis que vista…

insista vostede, con toda esa plebe
que se cree moi lista pero nunca le
que vota ao fascista que mirou na tele
branqueado polo xornalista que é un pelele

retrouso:
coa idade cada vez máis hater…

mou:
cada cada vez cada vez máis hater
puro puro odio coma darth vader
son do lado escuro non podes determe
cabo a túa tumba coma o undertaker
terra por enriba para o teu mindfullnes
non te equivoques, ti non inflúes
só infundes a tolemia que ti sofres
mr. wonderfull, mellor que te retires

marcas tendencia, ti vas de cool
como gatocán co coco no cú
co careto de nhú, rézolle a manitú
para que che pechen a canle de youtube

ferve, ferve o sangue ao verte
como cando leo un chío de reverte
escribindo frases que cheiran a peste
pídolle á rae que che poña en erte

retrouso:
coa idade cada vez máis hater…

jamas:
son a maldade mesma con pernas
un prenda de medo
róubolle os carros da compra ás vellas
límpolle a esmola aos cegos

va_va vacilo tatexos
ós xordos sopro segredos
enredo aos pitoños
achégome e dígolles: “chosco, segue o meu dedo”
teño un emporio de repertorio
vexatorio descomunal
plusmarquista en rebentar autoestimas
profesional. máis…

cambia de beira de aceira á carreira
se don negueruela quere pasar
mételle o turbo á cadeira de rodas
porque se non voas, vouchas pinchar

retrouso:
coa idade cada vez máis hater…

كلمات أغنية عشوائية

كلمات الأغاني الشهيرة

Loading...