kalimah.top
a b c d e f g h i j k l m n o p q r s t u v w x y z 0 1 2 3 4 5 6 7 8 9 #

bandallus aquaticus - a altas horas lyrics

Loading...

faccións acentuadas polo pó
corpos bailaban en chamas dende o solpor
ata altas horas da noite, que se esfume ese vapor
todo empezou sendo un hobby
o que antes conducía cando viña a poli
agora é o mismo parvo que che aguanta o móbil
andando polo fango sen catiuscas
pero eu sei o que aquí xa ti buscas
(despexar as nubes e libr_rs_ da agonía
para poder volver ver esa luz que antes sentías)
soñábamos con aquel día, aquel día que nunca chegou
soñábamos con telo todo na man, pero foi en van
e nunca sе deu, pero polo que máis quеiras…
nunca me digas adeus
hai fume negro sobre as lowenhart
e vidas que se truncan dende o alto coma a de owen hart
pinza na gsx_r e creese rossi
hai máis cinza na nariz que no akrapovič
cando vaias nese coche coidado co lateral
non vaia ser que acabes sendo outro dano colateral
mezcla a fariña coa grasa rollo beschamel
ás veces proba no pedido e non é de chanel
moven a granel, pero naide sabe nel
nada saben del, só que paga ben
oh, viñeron os gs a pola zarpa
coidado non vaias ser ti o que zarpa
estás a tempo, sae das redes coma xarda
non queres ver qué merda de futuro é o que che agarda…

o psicólogo está máis caro có gramo de farlopa
hai un deal en cada esquina e atenden a todas horas
todos queren poñer freno porque saben que é veleno;
poucos teñen a oportunidade pa facelo
hai movidas moi jodidas no mundo
eu era coma ti, coida que non chegue o teu turno…
non podo con algo tan crudo
xa non xuzgo, escoito, quero pensar que axudo
pero o outro día ficharon as comunicacións dunha mansión
meu pai puxera a antena, había dous millóns…
moverás tantos quilos como sohrab mora
pero agora fúmaste da vida solo a mora
pa que tanta merda se nada logras?
pa que tantas xoias tendo que f_xir a altas horas?

كلمات أغنية عشوائية

اهم الاغاني لهذا الاسبوع

Loading...