amancio prada - adios rios, adios fontes كلمات الأغنية
adiós, ríos; adiós fontes
adiós, regatos pequenos
adiós, vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos
miña terra, miña terra
terra donde m’ eu criey
ortiña que quero tanto
figueiriñas que prantey
prados, ríos, arboredas
pinares que move o vento
paxariños piadores
casiña do meu contento
muíño dos castañares
noites craras de luar
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor
camiñiños antre o millo
adiós, para sempre adiós!
adiós groria! adiós contento!
deixo a casa onde nacín
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
deixo amigos por estraños
deixo a veiga polo mar
deixo, en fin, canto ben quero
quén pudera non deixar… !
adiós, adiós, que me vou
herbiñas do camposanto
donde meu pay se enterróu
herbiñas que biquey tanto
terriña que nos crióu
xa se oyen lonxe, moy lonxe
as campanas do pomar
para min, ay! coitadiño
nunca máis han de tocar
xa se oyen lonxe, máis lonxe
cada balada é un dolor
voume soyo, sin arrimo
miña terra, adiós! adiós!
¡adiós tamén, queridiña… !
¡adiós por sempre quizáis… !
dígoche este adiós chorando
dende a beiriña do mar
non me olvides, queridiña
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro
miña casiña! meu lar!
adiós, ríos; adiós fontes
adiós, regatos pequenos
adiós, vista dos meus ollos
non sei cando nos veremos
non sei cando nos veremos
كلمات أغنية عشوائية
- unaverage gang - viper كلمات الأغنية
- mr. bungle - sudden death كلمات الأغنية
- leena vor - lightbeam كلمات الأغنية
- vegas bill - pikaxe freestyle كلمات الأغنية
- david dunn - starting now (live) كلمات الأغنية
- lil progeria - morbosidad crónica كلمات الأغنية
- tjalfe - dine veninder كلمات الأغنية
- ill bill - call the coroner كلمات الأغنية
- berry good - one love كلمات الأغنية
- cian airoldi - guess كلمات الأغنية